XXII PREMIO DE POESÍA DO CONCELLO DE MARÍN (España)



altESCRITORES.ORG - CONVOCATORIAS CONCURSOS LITERARIOS


 

¿Deseas recibir en tu correo nuestro boletín de noticias? (gratuito). Incluye información sobre premios literarios, cursos, empleo sector editorial, actualidad... Pulsa aqui

 

XXII PREMIO DE POESÍA DO CONCELLO DE MARÍN (España)

03:05:2024

Género:  Poesía

Premio:  1.000 €

Abierto a:  mayores de 18 años

Entidad convocante:  Concello de Marín

País de la entidad convocante:  España

Fecha de cierre:  03:05:2024

 

BASES

 

 

Dando continuidade á tradición literaria impulsada polo Concello de Marín co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o Concello de Marín convoca o XXII PREMIO DE POESÍA CONCELLO DE MARÍN, de acordo coas seguintes:

BASES

Primeira.- Persoas participantes

Poderán concorrer a este certame todas as persoas de calquera nacionalidade, que sexan maiores de idade (18 anos), podendo presentar unicamente un traballo por persoa.

Segunda.- Requisitos e obrigas da obra

Os traballos serán en lingua galega, orixinais e inéditos. Os criterios de valoración que se terán en conta serán a orixinalidade no tratamento da temática e na súa exposición literaria, o emprego dunha linguaxe e estilo ricos, así como o rigor e a calidade da obra.
Terán unha extensión mínima de 100 versos e poderán formar parte dun só poema ou de varios e deberán cumprir as seguintes especificacións: folla formato DIN A4, texto a dobre espazo, letra Times New Roman corpo 12 e paxinado. En ningún caso o nome da persoa autora poderá aparecer no texto da obra.
A orixinalidade da obra e a súa autoría xustificarase mediante unha declaración responsable, manifestando ser a persoa propietaria de todos os dereitos, tal e como se recolle na disposición quinta destas bases.
En consecuencia, o Concello de Marín non se fará responsable das posibles denuncias por plaxio ou eventualidade similar que puideran xurdir, recaendo na persoa participante afectada as accións legais que procedan e asumindo, se é o caso, as indemnizacións que puideran corresponder polos prexuízos ocasionados.

Terceira.- Premio

O premio seráúnico e indivisible e estará dotado coa contía de 1.000 euros, figurando incluídos nesta cantidade todos os impostos que lle sexan de aplicación e imputándose con cargo á partida correspondente do orzamento municipal deste exercicio.
A concesión do premio non implicará a perda dos dereitos de autoría do traballo premiado. Non obstante, o Concello de Marín resérvase o dereito de publicar total ou parcialmente o traballo premiado.

Cuarta.- Prazo de presentación

O prazo de presentación dos traballos rematará o 3 de maio do 2024 ás 14.00 horas.
Quinta.- Formato de presentación das obras
O formato para a presentación das obras seguirá o sistema de plica, polo que será preciso facer un envío con dous sobres pechados diferenciados:

Sobre 1: Obra
Este será o sobre no que se inclúa a obra coa que se concorre, de xeito anónimo, ao certame. A presentación dos traballos farase, preferiblemente, en formato dixital, con tratamento do texto en Word ou en OpenOffice, por medio dun USB metido nun paquete que incluirá no seu exterior a seguinte identificación: XXII PREMIO DE POESÍA CONCELLO DE MARÍN, título da obra ou lema e pseudónimo.
No caso de optar pola presentación en papel, presentaranse 4 impresos dos orixinais, grampados ou encadernados.

Sobre 2: Datos persoais
O segundo sobre será o relativo aos datos persoais. No exterior figurará o nome da obra e o pseudónimo e deberá conter recheo o Adxunto I, que se poderá descargar xunto ás bases na sede electrónica e na web municipal do Concello de Marín, e no que se recollerá a seguinte información:
• Copia do DNI
• Enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico
• Breve currículo
• Caixa na que marcar que a persoa declara ser a persoa autora e titular de todos os dereitos e que esta non foi premiada, ata a data da súa presentación, noutro certame ou premio
• Caixa na que marcar o consentimento expreso para o tratamento dos datos persoais que constan na solicitude para a participación no XXII PREMIO DE POESÍA CONCELLO DE MARÍN, de conformidade co establecido na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro de Protección de Datos Persoas e garantía dos dereitos dixitais.

Sexta.- Nomeamento e obrigas do xurado

O xurado estará formado por persoas de relevancia do mundo da cultura e da literatura galegas, con acreditado criterio para a análise e a avaliación dos traballos presentados. Na edición regulada polas presentes bases, conformarán o xurado os seguintes membros: Lara Dopazo, Susana Pedreira, Tamara Andrés e Ismael Ramos. As funcións de Secretaría serán exercidas pola directora da Biblioteca Municipal Vidal Pazos.

O xurado establecerá de mutuo acordo a data de convocatoria de reunión para as deliberacións e o fallo do premio, celebrándose esta como moi tarde o 13 de maio, xa que o 14 de maio se publicará o nome da persoa premiada a través de todas as canles de comunicación oficiais do Concello de Marín.
As deliberacións serán secretas e delas será redactada a acta correspondente pola secretaria. O fallo do xurado será inapelable. Se os traballos presentados non reunisen a calidade suficiente, o premio poderá declarase deserto.

Pola súa achega á realización do certame, os membros do xurado percibirán unha compensación económica de 250 euros por integrante, figurando incluídos nesta cantidade todos os impostos que lle sexan de aplicación e imputándose con cargo á partida correspondente do orzamento municipal deste exercicio.

Sétima.- Entrega do premio

A entrega do premio realizarase co gallo do acto de celebración do Día das Letras Galegas, cuxa data será establecida por parte do Concello de Marín. A persoa premiada comprométese a acudir a esta vila para recoller o premio e ler o traballo.www.escritores.org

Novena.- Aceptación íntegra das bases

A participación neste concurso implica a aceptación total destas bases, que serán publicadas e libremente consultables a través da páxina web do Concello de Marín (concellodemarin.es), a través das redes sociais, na sede electrónica, no taboleiro de anuncios e nos medios de comunicación.

Décima.- Lei de Protección de Datos

Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados, na súa condición de responsable polo Concello de Marín coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento. O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou por obriga legal. As persoas interesadas poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos datos a través da sede electrónica do Concello de Marín ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para calquera outra dúbida poderá dirixirse ao seguinte correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Fuente

 

 
 

©Condiciones para la reproducción de contenidos de esta página.

 


Para consultar todas las convocatorias vigentes pulsa aquí
Para consultar resultados de las convocatorias pulsa aquí
Para consultar recomendaciones antes de presentar una obra a concurso pulsa aquí

 

banner

 


 

Importante: La información ofrecida es meramente orientativa. Antes de acudir a un certamen es recomendable ponerse en contacto con la entidad convocante. Las bases de los respectivos premios y concursos pueden estar sujetas a cambios.

 
 
 

Comentarios (0)

No hay comentarios escritos aquí

Deja tus comentarios

  1. Al enviar comentario, manifiestas que conoces nuestra política de privacidad
Archivos adjuntos (0 / 3)
Compartir su ubicación

Te puede interesar

CursosCursosCursos de formación, escritura creativa.
Concursos LiterariosConcursos Literarios España y Latinoamérica
librosLibros Publicita tus libros
BiografíasBiografíasBiografías de escritores.
Recursos para escritoresRecursosRecursos para escritores
¿buscas editor?Publicar¿Deseas publicar?
AsesoríaAsesoríaAsesoría literaria. Informes, Correcciones

Cursos

banner cursos escritores org v

Asesoría

banner escritores asesoria v2

Datos de contacto

Escritores.org

CIF:  B61195087

  • Email: info@escritores.org
  • Web: www.escritores.org
  • © 1996 - 2025