Manoel da Costa Pardo

Biografía

Manoel da Costa (A Coruña 1947) Perito Industrial pola EUETI de Vigo, ven de cumprir os 54 anos de profesión, compaxinada nos últimos 22 co ensino das instalacións eléctricas na EEI da Universidade de Vigo. Esta actividade docente deu coma un dos seus froitos a edición de varios libros da especialidade. Un deles, Cabos Illados para o transporte e distribución de enerxía, editado polo Servizo de Publicación da Universidade de Vigo, foi o primeiro libro de Enxeñería Eléctrica editado en galego e o último, "Centros de transformación. Anatomía e fisioloxía", de case que 1300 páxinas e editado por Andavira, está a ter un bo percorrido entre os profesionais do sector. O paso á situación de xubilación permitiulle retomar a práctica das actividades que o exercicio da profesión lle impedira, sinaladamente a das artes plásticas e a escrita, que polo momento ten dado ao prelo dos libros: "Mirequelledigo. Crónicas dun filósofo tabernario", "A taberna do Mincha. Crónicas dun filósofo tabernario 2" e Escoite e verá!, a terceira entrega que pecha estas Crónicas.

Bibliografía

1 sept 1998 Descripción de la publicación: Centros de transformación: criterios de diseño/Ediciones de autor técnico. Rústica; 332 páginas. abr 2004 Descripción de la publicación: Compensación de la energía reactiva (y su relación con la ley de Murphy)/Multinormas Ediciones. Rústica. Color.110 páginas. abr 2005 Descripción de la publicación Cabos illados para o transporte e distribución de enerxía eléctrica´(1ª Edición)/Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. Descripción de la publicación Rústica con lapelas. 480 p. 24 cm. En idioma galego. 2007 Descripción de la publicaciónCabos illados para o transporte e distribución de enerxía eléctrica´(2ª Edición)/Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. Descripción de la publicación: Rústica con lapelas. 528 p; 24 cm. 1 abr 2014 Descripción de la publicaciónCentros de Transformación: anatomía y fisiología/Andavira. Descripción de la publicación: Rústica; 1300 páginas

Premios

O autor ten por norma non presentarse a concursos.

Deja un comentario

Estás comentando como invitado.

El envío de comentarios está sujeto a los siguientes Términos de uso.