Mirequelledigo. Crónicas dun filósofo tabernario 1

  • Autor: Manoel da Costa Pardo
  • Biografía Autor: Manoel da Costa Pardo
  • Género: Literatura y Novela
  • ISBN: 978-84-946537-9-7
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • Año: 2017

Hai moitas tabernas en Bouzas. Pero poucas, moi poucas, salvaron da omnipresente tiranía do televisor, en cuxo sacrílego altar morren acotío as conversas. Nunha destas derradeiras trincheiras da cultura popular nas que aínda se pode falar e cantar, un vello con moita mar nos ollos e un xubilado peripatético celebran, inaccesibles ao desalento, o vello ritual da comunicación oral. Enredadas na historia do Tino, o seu compañeiro de desventuras no Gran Sol, coñeceremos as de Aileen, a rapaza de louros cabelos, a do gaiteiro Marcial e a súa filla, as de don Xosé Seivane e o Marreco, a de Antonio Medal e Manuel Quiroga, de Roberto Conesa e Trujillo, do Rabioso e o Padre Parada. E tamén algo mais saberemos de Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, de Ramón Fernández Mato e da Biblioteca Mariñeira de Bouzas, de Antonio Palacios e de Manuel Gómez Román, e de moitos, moitos outros. Nesa andaina embarcaremos con eles rumbo ao Gran Sol, faremos porto en Bantry e viaxaremos nun Austin FX4 a Cork. Da man do Tiniño camiñaremos a xeografía da nosa terra dende Santa Olaia de Portela, por terras de Celanova e da Limia, por Quiroga e Meira ata o Chao do Pousadoiro. E logo, cando o Tiniño quede so, por mor dos acontecementos, volveremos por Láncara e Ponte San Paio, por Gargamala e o Xinzo do Condado, camiño do mar ata chegares a Vigo, e a este recuncho benquerido da taberna de Bouzas.

Deja un comentario

Estás comentando como invitado.

El envío de comentarios está sujeto a los siguientes Términos de uso.