CORENTA SONETOS DE AMOR E CONFORTO

  • Autor: ANXO BOAN RODRIGUEZ
  • Biografía Autor: Anxo Boán Rodríguez
  • Género: Poesía
  • ISBN: 978-84-9175-930-0
  • Nº Páginas: 72
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • Año: 2017

Está escrito en galego e foi comentado polo premio nacional de poesía Xulio López Valarcel e con ilustracións interiores por Miranda G. Fonseca de gran beleza e valor artístico sendo sendo a portada do autor José Randolfe Vilariño. O seu contido, como resulta do mesmo titulo son Corenta sonetos distribuídos, os vinte primeiros de amor (e desamor) e os vinte segundos van dirixidos a o conforto dunha muller moi próxima a o autor que sufre a maior carga de laio e doer cal è a súpeta morte do seu fillo, e en xeral, a todos aqueles que sofren a pesada carga da doer e baleiro que deixa a perda dos seres máis queridos. Comenta Xulio López Valcarcel do seguinte xeito: "Porén, a celebración gozosa e vital do amor contrasta coa desaparición e a morte, aínda que se conciba como unha esperanza de liberación en varios textos. Ora na alegría ora na tristeza, a referencia principal é a amada; unha amada que recibe, como nas cantigas medievais, o alcume de amiga e que unhas veces é aceptada socialmente e outras prohibida". Di o comentarista que a mesura, o equilibrio e a harmonía gobernan esta nova achega de Anxo Boán, e con iso o mesmo autor define o que é ser poeta nun dos seus sonetos: "....Ser poeta é ser a pedra e o cicel, un escultor das musas inspiradas, un trobador para as alma apaixonadas, e un azoute para o corazón cruel...".

Deja un comentario

Estás comentando como invitado.

El envío de comentarios está sujeto a los siguientes Términos de uso.